Posteado por: Antonio en Xeral, Novas, A biblioteca recomenda 05-10-2009

Nacido en 1927 na localidade de Ribadeo (Lugo), Daniel Cortezón foi de formación totalmente autodidacta e pertencía á chamada ‘primeira xeración’ dos dramaturgos de posguerra, entre a súa produción inclúense tamén obras de narrativa, ensaio, artigos e traducións.

Na súa carreira coma escritor destacan obras coma A vila sulagada, coa que gañou o Premio Blanco Amor na súa primeira edición, ou A diáspora e Xelmírez ou a gloria de Compostela. No campo do ensaio foi autor de títulos coma O esprito de Galiza, Castelao ou a paixón de Galiza. Tamén escribiu teatro sobre a emigración galega como "A diáspora" e en castelán, "Crónicas del Rey Don Pedro" ou "Soñando a Goette". É autor dun ciclo de catro obras sobre a figura de Castelao.

Nas Bibliotecas Municipais da Coruña podedes ler as seguintes obras deste xenial dramaturgo:

  • A vila sulagada
  • A diáspora : peza dramática nun acto
  • Os irmandiños : drama histórico
  • Xelmirez, ou a groria de Compostela : peza dramática en catro aitos
  • Pedro Madruga : representación historica
  • Prisciliano
  • Crónica del rey Don Pedro
  • Dionisio Gamallo Fierros, Varón de Porcillán : la sinfonía incompleta 
  • Semáforo : humordrama en un acto 
  • As covas do rei Cintolo
  • Castelao ou a paixón de Galiza . IV, O pudor e a angustia
  • Castelao ou a paixón de Galiza. III, Intermezzo bufo
  • Alí Ben Mangato e mailo seu cabalo branco chamado Beliador : teatro para nenos nun só entrecho
  • Os anxos cómense crús
Posteado por: Antonio en Xeral, Escritores, A biblioteca recomenda 27-08-2009

Martin Amis é un novelista británico, nacido en Oxford en 1949. Cumpriu esta semana 60 anos.

 

Considerado por unha banda da crítica como un brillante autor cun satírico uso da linguaxe á vez que coidado. Mostra a dureza das historias e as palabras que emprega, pero tamén non se esquece a súa preocupación por problemas do mundo contemporáneo en referencia ás drogas, o sexo ou a violencia.

As Bibliotecas Municipais da Coruña recomendan as seguintes obras deste autor:

  • Mar gruesa (Anagrama)
  • Experiencia (Anagrama)
  • Koba el Temible : la risa y los veinte millones (Anagrama)
  • Perro callejero (Anagrama)
  • La guerra contra el cliché : escritos sobre literatura (Anagrama)
  • Dinero : carta de un suicida (Anagrama)
  • A casa dos encontros (Galaxia)
Posteado por: Antonio en Xeral, Novas, Escritores, A biblioteca recomenda 05-06-2009

1984 Novela política de ciencia ficción, escrita por George Orwell e publicada o 8 de xuño de 1949 cumpre 60 anos.

Introduciu os conceptos do omnipresente e vixiante Gran Irmán, da notoria habitación 101, da ubicua policía do pensamento e da neolingua, adaptación do inglés na que se reduce e transfórmase o léxico con fins represivos, baseándose no principio de que o que non está na lingua, non pode ser pensado.
Moitos analistas detectan paralelismos entre a sociedade actual e o mundo de 1984, suxerindo que estamos a comezar a vivir no que se coñeceu como sociedade orwelliana.

Nas Bibliotecas Municiapis da Coruña, tamén podemos encontrar outras distopías na literatura, que anticiparon a crueldade que nos vén encima.

¿Sueñan los androides con ovejas eléctricas? / Philip K. Dick
El Dador / Lois Lowry
El señor de las moscas / William Golding
El talón de hierro / Jack London
Fahrenheit 451
/ Ray Bradbury
Guerracivilandia en ruinas / George Saunders
La guerra de las salamandras / Karel Capek
La naranja mecánica / Anthony Burgess
La trama celeste / Adolfo Bioy Casares
Mercaderes del espacio / Frederik Pohl
Neuromante / William Gibson
Nunca me abandones / Kazuo Ishiguro
Rascacielos / Richard Martin Stern
Rebelión en la granja / George Orwell
Soy leyenda / Richard Matheson
Ubú Rey / Alfred Jarry
Un día perfecto / Ira Levin
Un mundo feliz / Aldous Huxley

Posteado por: Antonio en Xeral, Novas, Escritores, A biblioteca recomenda 07-05-2009

O próximo venres 8 de maio ás 20:00 h. a escritora mexicana Elena Poniatowska visitará a sede da Real Academia Galega (rúa Tabernas 11) para impartir unha conferencia, A literatura que vén da rúa.

Este acto encádrase dentro do II Encontro literario Cidade da Coruña: Mulleres na literatura, organizado conxuntamente pola Asociación de Escritores en Lingua Galega y la Concellaría de Cultura, na sede de la RAG.

A entrada é de balde e libre até completar a capacidade do recinto.

 Elena Poniatowska

A Asociación de Escritores en Lingua Galega decidiu outorgar o galardón Escritora Galega Universal á escritora mexicana Elena Poniatowska. O galardón ofreceullo o presidente da asociación, o poeta Cesáreo Sánchez Iglesias, no transcurso da súa estadía na Feira do Libro de Guadalajara (México). Os anteriores premiados foron Mahmud Darwish, Pepetela e Nancy Morejón.
 
 
Posteado por: Catuxa Seoane en A biblioteca recomenda 01-04-2009

 

A célebre novela El lector do escritor alemán Bernhard Schlink acaba de ser adaptada ao cine polo director Stephen Daldry, que xa dirixira películo como Billy Elliot e Las Horas.
 
 El lector
 
O filme está interpretado por Kate Winslet (gañadora dun Globo de Ouro por esta película) e Ralph Fiennes (protagonista entre outras de El Paciente Inglés)

 

Dende as Bibliotecas Municipais de A Coruña, convidamosvos a redescubrir a novela e logo achegarnos ao cine a valorar a fidelidade da adaptación á gran pantalla. As críticas non se fixeron esperar…

 


Posteado por: Antonio en Xeral, Novas, A biblioteca recomenda 07-02-2009
                                                                        
 
A vampírica saga ‘Crepúsculo’, creada por Stephenie Meyer fai tres anos e éxito indiscutible de vendas o pasado Nadal, superou xa os dous millóns e medio de vendas de exemplares en español, o que confirma o surdimento dun novo fenómeno literario a nivel mundial.

Segundo informou a editorial Alfaguara, encargada de publicar no mercado español, incluíndo Latinoamérica, as catro entregas da saga -’Crespúsculo’, ‘Lúa nova’, ‘Eclipse’ e ‘Amencer’, entre os catro títulos, o libro oficial da película ‘Crepúsculo’ e a edición de peto de Punto de Lectura vendéronse xa en español máis de dous millóns e medio de exemplares.

Desta cifra, un millón e medio corresponde exclusivamente á venda en España, mentres que en todo o mundo vendéronse 42 millóns de exemplares en 39 países.

O argumento, baseado nunha historia de amor entre unha moza e un vampiro, encandilou a lectores de todas as idades, que esperan con expectación a seguinte entrega da "vampírica" saga. O primeiro libro publicouse fai só tres anos en Estados Unidos, aínda que rápidamente chegou a España, onde as lectoras máis novas entusiasmáronse coa historia de amor xurdida entre Bela e Edward, os protagonistas.

En cada entrega, Stephenie Meyer engade novos ingredientes a un romance clásico de loita entre o desexo e o temor, aínda que foi a publicación mundial do cuarto título, ‘Amencer’, pouco antes do último Nadal, coincidindo co estreo da película ‘Crepúsculo’, cando os seguidores da saga foron crecendo sen parar.

Segundo Alfaguara, a creadora da saga non confirmou nin desmentiu nada sobre unha próxima entrega, mentres se prepara en España a saída da súa nova novela de literatura fantástica, ‘The host’ (A hóspede), que será publicada en marzo por SUMA e que xa está tamén entre os libros máis vendidos en Estados Unidos.

Fonte: LaVanguardia.es
Posteado por: Antonio en Xeral, Novas, A biblioteca recomenda 01-12-2008

Este ano na Biblioteca Municipal do Castrillón fixemos un calendario de advento xigante.

O calendario de advento é unha tradición orixinaria de Alemania e un símbolo da estación de advento que se celebra no mes de decembro.

Dende o día 1 e ata Noiteboa abriremos unha caixa na que sempre haberá unha sorpresa.
Algunhas caixas terán un contido especial porque ese día faremos unha actividade.

Os días especiais son:

Día 2 e 16 : Cantos de Reis. Teremos na biblioteca o Grupo Donaire e  Marta Pumares para aprender un par de cantos e contar o que son.

Días 3, 10, 17 e 23 teremos talleres sorpresa para preparar o Nadal para nenos a partir de 3 anos.

Días 4 e 18:  Coma sempre teremos a Fuco.

Ás 18:30 abriránse as caixas e comenzarán as actividades, agás as de Fuco que serán no seu horario habitual.

Posteado por: Antonio en Xeral, Novas, Escritores, A biblioteca recomenda 03-11-2008

Agustín Fernández Paz foi o gañador do Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil 2008, co seu libro O único que queda é o amor.

Para celebralo na Biblioteca Municipal de Castrillón preparamos unha pequena mostra cos seus libros.
Agustín Fernández Paz é un dos nomes chave da literatura infantil e xuvenil galega, non só polo amplo número de obras publicadas, senón polo seu éxito cos lectores, pola cantidade das súas obras que foron traducidas, en especial ao castelán, ao catalán, ao éuscara e ao portugués pero tamén ao asturiano, ao francés, ao árabe e ao coreano, e polos premios acadados, tanto de ámbito galego como internacional, entre os que se atopa o Merlín, Lazarillo, o Rañolas ou o Raíña Lupa. Algunhas obras súas tamén foron seleccionadas para a Lista de Honra de IBBY.
Ademais, realizou un longo labor editorial para Edicións Xerais, coordinando durante moitos anos a colección "Merlín" de literatura infantil e xuvenil.

Obra:

 A cidade dos desexos, 1989
 As flores radiactivas, 1990
 Contos por palabras, 1991
 Lonxe do mar, 1991
 O tesouro do dragón Smaug, 1993
 Rapazas, 1993
 As tundas do corredor, 1993
 Unha lúa na fiestra, 1994
 Trece anos de Branca, 1994
 Unha lúa na fiestra, 1994
 Cartas de inverno, 1995
 Amor dos quince anos, Marilyn, 1995
 Avenida do Parque, 17, 1996
 O centro do labirinto, 1997
 A néboa escura, 1998
 O laboratorio do doutor Nogueira, 1998
 As fadas verdes, 1999
 Cos pés no aire, 1999
 A nube de cores, 1999
 Aire negro, 2000
 O soño do merlo branco, 2000
 No corazón do bosque, 2001
 Un tren cargado de misterios, 2001
 Ana e o tren máxico, 2001
 Noite de voraces sombras, 2002
 O meu nome é Skywalker, 2003
 A Serea da Illa Negra, 2003
 A praia da esperanza, 2003
 Tres pasos polo misterio, 2004
 Raquel ten medo, 2004
 Laura e os ratos, 2004
 A escola dos piratas, 2005
 A noite dos animais, 2005
 A fuxida do mar, 2005
 Fantasmas no corredor, 2005
 ¡Que medo, mamá Raquel!, 2005
 Corredores de sombra, 2006
 Os gardiáns do bosque, 2006
 Querido inimigo, 2006
 O raio veloz, 2006
 O único que queda é o amor, 2007
 A pastelaría de dona Remedios, 2008

No blog da Editorial Xerais, podedes consultar algunhas entrevistas e novas publicadas nos xornais.

Posteado por: Catuxa Seoane en Obras, A biblioteca recomenda 30-08-2007

Dende as Bibliotecas Municipais de A Coruña, Cristina Ameijeiras recomendanos esta semana historias de mulleres malqueridas:

  • Michelena, Mariela. Mujeres malqueridas: Atadas a relaciones destructivas y sin futuro. Madrid: La esfera de los libros, 2007.

 

Mujeres maltratadas

Para Simone de Beauvoir, o estilo de querer considerado "tipicamente feminino" é a consecuencia inevitable da situación de desvantaxe social na que se atopa a muller, unha situación de dependencia que lle impide situarse na vida como suxeito e ser protagonista da súa historia. Isto foi así ata fai uns anos. Pero actualmente, cada vez máis mulleres alcanzan postos de responsabilidade e son donas do seu futuro laboral, e con todo, estas mesmas mulleres choran as feridas que deixa un amor desdichado, igual que as súas antecesoras. A maioría destes amores teñen final, pero só se a muller puido determinar que papel desempeñou ela mesma no seu sufrimento, poderá restituír a súa propia identidade e a súa valía e será capaz de relacionarse consigo mesma e cos demais de xeito menos destrutivo e máis proveitosa.

A autora, psicanalista, proponnos un "mapa" para guiarnos nas nosas relacións cos demais. Non ofrece receitas infalibles, senón "luces" que van iluminando o camiño e que nos fan estar alertas ante o que pode pasar nas nosas relacións amorosas. Por exemplo, manter a propia autonomía e independencia, sen abandonarnos completamente en mans doutros.

Tamén identifica catro pecados "capitais" que aseguran o sufrimento e presaxian un fracaso na relación. Detectar eses "pecados" debería funcionar como un sinal de alarma. Ao mesmo tempo, ofrece alternativas para evitar que caiamos vítimas deses pecados.

Se tes interese en ler un adianto da obra, podes descargarte o dossier (en pdf) da editorial sobre o libro. 

Posteado por: Catuxa Seoane en Obras, A biblioteca recomenda 18-08-2007

Dende as Bibliotecas Municipais de A Coruña, Cristina Ameijeiras invítanos a coñecer distintas culturas e países a través dos seus platos:

Culinaria mundial, portada do libro
Excelente libro de cociña con máis de 500 receitas de 60 chefs de todo o mundo, dende Extremo Oriente a América pasando por Europa e África. A cociña de países como Francia, Italia, India, Líbano ou México son mundialmente coñecidas e recollense moitos dos pratos de estos lugares, pero o leitor tamén pode atopar outras preparacións menos coñecidas de lugares como Coracia e Eslovenia. Inclue información sobre o cultivo de verduras, frutas e especias, sobre a cría de animais e o arte de preparar os ingredientes. Tamén proporciona orientación de cómo adaptar os ingredientes difíciles de atopar para que o resultado sexa igualmente fantástico. Ademáis dunha fotografía ca presentación final, cada receita ven  acompañada de varias fotografías cas explicacións do proceso de preparación, o que fai a consulta e lectura de este libro fácil e moi agradable.
Destaca, eso sí, os seus case cinco kilos de peso. Pero merece a pena ler os textos introductorios, moi ben escritos, que nos narran historias, contan a orixe ou a difusión de moitos dos  pratos e devirten e entreteñen ao leitor con anécdotas moi amenas. 
 
Ademáis se che gusta a nosa recomendación, seguro que che interesasa tamén outras obras dos nosos fondos coma esta da misma temática e enfoque:
  • Europa a la carta : un viaje culinario / André Dominé, Joachim Römer, Michael Ditter (editores) ; Günter Beer (fotos) ; Peter Feierabend (diseño) ; Chistine Westphal (redacción). — [Alemania] : Könemann, cop. 2005
Europa a la carta, un viaje culinario 
 
E non deixes de pasarche pola Biblioteca do Forum Metroplitano, onde poderás desfrutar a mostra bibliográfica Viaxes á carta onde invitanche a seguir descubrindo e viaxando.