A Cultura que facemos … A Cultura que queremos

Se xa sabes en que podes ou queres colaborar, podes escribir un correo directamente á Concellaría de Cultura, ao enderezo: cultura@coruna.es
A Cultura que facemos … A Cultura que queremos

Se xa sabes en que podes ou queres colaborar, podes escribir un correo directamente á Concellaría de Cultura, ao enderezo: cultura@coruna.es
Publican unha biografía de Risco en 150 imaxes, a maioría inéditas
Cento cincuenta fotografías, a inmensa maioría descoñecidas para os lectores, e unha presada de textos, debuxos e postais, compoñen Vida e época de Vicente Risco, un libro que repasa a biografía do autor de Teoría do nacionalismo galego dende a súa infancia na última década do século XIX até o seu falecemento en 1963. Editado pola británica Amberley, un selo especializado en compilacións de fotografías antigas cun ano de experiencia no mercado español, o volume bebe sobre todo dos fondos da fundación que leva o nome do intelectual ourensán, aínda que incorpora tamén achegas adicionais de Alfonso Vázquez-Monjardín e a familia Conde-Corbal. Un percorrido bilingüe, en galego e en castelán, pola vida dunha das figuras máis controvertidas da Xeración Nós.
Coordinado por Luís Martínez-Risco, secretario da fundación, e estruturado en cinco capítulos, o volume que onte se presentou na Asociación de Artesáns de Ourense empeza por ubicar o personaxe entre os seus e nos espazos que frecuentou ao longo da súa vida, no triángulo Ourense-Castro Caldelas-Allariz. A seguir, amosa unha serie de estampas da vida rural galega entre os anos vinte e corenta, cun apartado enteiramente dedicado ás festas populares, para acabar coas que foron dúas das principais teimas de Risco: Galicia e Europa.
Publican ‘La amargura del triunfo’, a novela inédita de Ignacio Sánchez Mejías
Ademais de toureiro profesional, boxeador ocasional, piloto de avioneta, xogador de polo, condutor de coches de carreiras, actor afeccionado, presidente do Betis e da Cruz Vermella, e mecenas da Xeración do 27, Ignacio Sánchez Mejías deixou escrita a novela La amargura del triunfo, que agora ve a luz.
La amargura del triunfo tamén é un reflexo do mundo intelectual de Sánchez Mejías, quen foi autor de teatro psicodramático e o primeiro candidato da República para ocupar o posto de gobernador civil co entón novo réxime. Cuñado de Joselito, que o doutorou na praza, foi conferenciante na neoiorquina Universidade de Columbia, onde foi presentado por Lorca, e cedeu os terreos de Sevilla para que aterrasen os cepelíns, e a esta multitude de facetas súmase agora a de novelista.
Nacido en 1927 na localidade de Ribadeo (Lugo), Daniel Cortezón foi de formación totalmente autodidacta e pertencía á chamada ‘primeira xeración’ dos dramaturgos de posguerra, entre a súa produción inclúense tamén obras de narrativa, ensaio, artigos e traducións.
Na súa carreira coma escritor destacan obras coma A vila sulagada, coa que gañou o Premio Blanco Amor na súa primeira edición, ou A diáspora e Xelmírez ou a gloria de Compostela. No campo do ensaio foi autor de títulos coma O esprito de Galiza, Castelao ou a paixón de Galiza. Tamén escribiu teatro sobre a emigración galega como "A diáspora" e en castelán, "Crónicas del Rey Don Pedro" ou "Soñando a Goette". É autor dun ciclo de catro obras sobre a figura de Castelao.
Nas Bibliotecas Municipais da Coruña podedes ler as seguintes obras deste xenial dramaturgo:
Pedraz e Sánchez Dragó premiados por fomentar a lectura
Fina o escritor e xornalista Víctor López Villarabid
O xornalista e escritor Víctor López Villarabid, un dos grandes valedores do Camiño de Santiago, faleceu o pásado sábado ós 72 anos en Lugo e será soterrado hoxe á tarde en Sarria onde foi correspondente de El progreso durante catro décadas.
A súa carreira xornalista ten un amplo percorrido. Persoa moi activa deselvolveu a súa labor informativa en medios coma Radio Cadena, Radio Nacional de España, Onda Cero ou Radio Galega.
Dende o ano 1970 levou, ademáis, a corresponsalía da axencia EFE na zona centro-sur da provincia de Lugo. Pola contra O Camiño de Santigo foi un tema recurrente na súa traxectoria literaria.
Nas Bibliotecas Municipais podedes encontrar as seguintes obras deste autor:
Un libro saca á luz o testimonio silenciado da xeración Mao
Curtas na praza de Azcárraga todos os venres de setembro
A Concellaría de Cultura organiza sesión de curtas durante todos os venres do mes de setembro que serán proxectadas na praza de Azcárraga e que se inclúen no OFestivalOn five’ que arrancará o vindeiro 4 de setembro ás 22.30h.
As curtas que se proxectarán ao longo do mes serán as seguintes:
Venres 4 de setembro:
Pánico a una muerte ridícula- Rubén Stein. Ficción
No corras tanto- César Díaz Melendez. Animación
Ferro ardendo- Miguel García Fernández
Cestla Vie- Young gyu Lee. Animación
Cores- Jairo Iglesias. Ficción
Mariñeiros- Omar Rabuñal. Ficción
La sortie- Jesús Domínguez Sánchez. Documental
O raio transparente- Pancho Lapeña. Animación
Venres, 11 de setembro:
The Wereping- Sam Orti Marti. Animación
Niño Balcón- Pilar Palomero. Ficción
Tan preto e tan lonxe- Isabel Rey Fernández. Documental
Socarrat- David Montero. Ficción
En la otra camilla- Luis Melgar. Ficción
In the name of God- Julia Geker. Animación
El encargado- Sergio Barrejón. Ficción
Campás- Jairo Iglesias. Ficción
Venres, 18 de setembro:
0,8 Miligramos- Imanol Ruíz de Lara. Ficción
Continuará- Esther Fernández Carrodeaugas. Animación
Túneles en el río- Augusta Zourelidi. Animación
Funners- Marc Reixach. Ficción
On the line- Jon Garaño. Ficción
Poder ser- Carlos Seijo. Ficción
Marruecos, un viaje de colores-Álvaro Sanz Alonso
Venres, 25 de setembro:
El ministerio del pez- Giovanni Maccelli. Animación
Muto- Blu. Animación
La chica dentro de la caja- Matt Dickinson. Documental
Micntc- Isabel de o Campo. Ficción
Vellas- Carlos Prado Pampín. Ficción
Mei Ling- Stepahnie Lansagne & Francois Leroy. Animación
Stikk- Vifidis Nielsen. Ficción
No se preocupe- Eva Ungría. Ficción
Todas as proxeccións terán lugar na praza de Azcárraga ás 22:30 horas.
Martin Amis é un novelista británico, nacido en Oxford en 1949. Cumpriu esta semana 60 anos.
Considerado por unha banda da crítica como un brillante autor cun satírico uso da linguaxe á vez que coidado. Mostra a dureza das historias e as palabras que emprega, pero tamén non se esquece a súa preocupación por problemas do mundo contemporáneo en referencia ás drogas, o sexo ou a violencia.
As Bibliotecas Municipais da Coruña recomendan as seguintes obras deste autor:
Novoneyra, Día das Letras 2010
A Real Academia Galega decidiu dedicar o 17 de maio próximo, Día dás Letras Galegas de 2010, ao poeta Uxío Novoneyra (Parada do Courel 1930-Santiago de Compostela 1999).
Novoneyra foi un dos poetas máis relevantes en lingua galega de todos os tempos. A obra do poeta está enraizada na tradición e no popular.
O Courel foi o principal referente físico para os seus versos, considerados dos mellores no tocante á paisaxística, dentro da literatura galega.
Algúns dos seus poemas extensos, como Vietnam Canto ou Letanía de Galicia estiveron presentes en cancións e recitacións desde a súa creación en 1968. Entre os seus libros destacan Os Eidos (Galaxia, Vigo, 1955), con prólogo de Ramón Piñeiro, Os Eidos 2 (Galaxia, Vigo, 1974), ilustrado por Laxeiro, ao que lle dedica un extenso poema, Poemas caligráficos (Brais Pinto, Madrid, 1979), que recolle poemas publicados con anterioridade pero artisticamente mostrados a través da caligrafía do autor.