El lector, de Bernhard Schlink , levado ao cine

Dende as Bibliotecas Municipais de A Coruña, convidamosvos a redescubrir a novela e logo achegarnos ao cine a valorar a fidelidade da adaptación á gran pantalla. As críticas non se fixeron esperar…
El lector, de Bernhard Schlink , levado ao cine

Dende as Bibliotecas Municipais de A Coruña, convidamosvos a redescubrir a novela e logo achegarnos ao cine a valorar a fidelidade da adaptación á gran pantalla. As críticas non se fixeron esperar…
Dun tempo a esta parte parece que todo o relacionado co mundo dos libros cobra especial importancia, pode tratarse dun momento nostálxico ou un temor pola desaparición deses oscuros obxetos de desexo… pero o certo é que os libros están de moda.
Para mostra a nova que nos comentan en Vieiros sobre as chamadas cidades ou pobos libro:
Y Gelli Gandryll: dous milleiros de habitantes e 30 librarías:
Está en Gales e é a vila con máis tendas de libros por metro cadrado do mundo.

En España tamen contamos con algún exemplo destes peculiares pobos-libro, o mais coñecido é o caso de Urueña.
18/07/2008, 19/07/2008
Encontro Cidade da Coruña No marco do Encontro Cidade da Coruña organizado pola Concellaría de Cultura e a Asociación de Escritores en Lingua Galega realizaranse unha mesa redonda o día 18 e un recital poético o día 19. O venres 18 de xullo na Casa Casares Quiroga ás 20.00 h terá lugar a mesa redonda "Narrativa con memoria histórica".
Intervirán: Lidia Jorge, Carme Riera, Manuel Rivas. Modera, Cesáreo Sánchez Iglesias, presidente da AELG. O sábado 19 de xullo no Teatro Rosalía de Castro, ás 20.00 h, realízase o Recital poético e lectura de textos no que interveñen: Marica Campo, Yolanda Castaño, Lidia Jorge, Luz Pozo, Carme Riera, Manuel Rivas, Xavier Rodríguez Baixeras e Xavier Seoane. Presenta: Antía Otero. Actuación musical de Carmen Rey Grupo. Entrada libre ata completar aforamento. Os encontros comezan ás oito da tarde.
O humor gráfico na transición española
O vindeiro martes, día 24 de xuño, ás 20.00 h. terá lugar na Biblioteca Municipal de Estudos Locais a conferencia:
“O humor gráfico na transición española”
A charla correrá a cargo do humorista Siro López e será presentada polo periodista Bieito Rubido. Tomade nota:
Biblioteca Municipal de Estudos Locais
Rúa Durán Loriga 10, 1º. 15003 A Coruña - Teléf.: 981 184 386 Extensión: 16091 (mostrador) - Fax: 981 184 385 - bestudiosl@coruna.es
Se os libros tivesen vida propia…
¿Se os libros tivesen vida, escaparian de nos ou deixarían gustosamente que os leeramos?…
Los pilares de la tierra no cine
O gran éxito mundial de Ken Follet, Los pilares de la Tierra, será levado ao cine pola productora Scott Free Productions, a compañía dos irmans Ridley e Tony Scott. E os rumores din que o afamado autor non participará no proxecto.
Sen dúbida a película vendrá envolta nun despliegue mediático e grandes dosis de publicidade, como ocorreu có libro.
Mentres esperamos a estrea, lembramosvos que nas Bibliotecas Municipais de A Coruña podedes desfrutar da obra de Follet, da que o último libro Un mundo sin fin, xa ten ata lista de espera…

- Una fortuna peligrosa
- Un lugar llamado libertad
- El valle de los leones
- Las alas del águila
- Doble juego
- Alto riesgo
- Vuelo final
- Triple
- En el blanco
- El tercer gemelo
- En la boca del dragón
- El hombre de San Petersburgo
- …
Experiencia vital, encontro con Isaac Díaz Pardo
Este Xoves 10 de Abril, Isaac Díaz Pardo o intelectual e artista galeguista, estará na Biblioteca Municipal de Estudios Locais para falarnos da sua experiencia vital. Neste encontro poderemos saber máis da sua obra, vida e persoa, e sen dúbida acercaremonos da sua man, na memoria histórica de Galicia.
Tomade nota:
Biblioteca Municipal de Estudos Locais
Rúa Durán Loriga 10, 1º. 15003 A Coruña - Teléf.: 981 184 386 Extensión: 16091 (mostrador) - Fax: 981 184 385 - bestudiosl@coruna.es
Durante a época victoriana, en Gran Bretaña era de mal gusto situar xuntos nas bibliotecas a autores masculinos e femininos, a no ser que ambos autores estiveran casados.
¿Sabíalo? ¿Qué máis cousas sabes?
[Via Proscrito]
Xosé Maria Alvarez Blazquez, Letras Galegas 2008
A editorial Xerais adiántanos a súa oferta cultural alusiva ao homenaxeado polas Letras Galegas este ano, Xosé Maria Alvarez Blazquez, escritor da xeración do 36.
Como anunciános Manolo Bragado no seu blog, xa temos dispoñible un dossier (pdf) sobre este erudito galeguista.
Nas Bibliotecas municipais de A Coruña empezamos tamen a preparar o noso particular homenaxe e aquí tedes algunhas das suas obras esperando por vos:
Gioconda Belli gañadora do Premio Biblioteca Breve
A escritora nicaragüense, Gioconda Belli é a gañadora do Premio Biblioteca Breve coa obra El infinito en la palma de la mano, unha fabulación da vida cotidiá de Adán e Eva no paraíso.
Segun o xurado, composto por José Caballero Bonald, Luis Mateo Díez, Pere Gimferrer, Rosa Montero e Elena Ramírez, a novela de Belli foi escollida polo:
singular enfoque, a sua capacidade evocadora e a sua recreación antropolóxica do mito dos oríxes
Gioconda Belli, moi coñecida polos seus poemas, xa gañou no 1988 o Premio Casa de las Américas coa afamada novela La mujer habitada.
Nas Bibliotecas Municipais de A Coruña invitamosvos a leer ou releer a obra desta escritora de raíces: