Posteado por: Berta en Xeral, Novas, Escritores, Obras 17-10-2009

Cento cincuenta fotografías, a inmensa maioría descoñecidas para os lectores, e unha presada de textos, debuxos e postais, compoñen Vida e época de Vicente Risco, un libro que repasa a biografía do autor de Teoría do nacionalismo galego dende a súa infancia na última década do século XIX até o seu falecemento en 1963. Editado pola británica Amberley, un selo especializado en compilacións de fotografías antigas cun ano de experiencia no mercado español, o volume bebe sobre todo dos fondos da fundación que leva o nome do intelectual ourensán, aínda que incorpora tamén achegas adicionais de Alfonso Vázquez-Monjardín e a familia Conde-Corbal. Un percorrido bilingüe, en galego e en castelán, pola vida dunha das figuras máis controvertidas da Xeración Nós.

Coordinado por Luís Martínez-Risco, secretario da fundación, e estruturado en cinco capítulos, o volume que onte se presentou na Asociación de Artesáns de Ourense empeza por ubicar o personaxe entre os seus e nos espazos que frecuentou ao longo da súa vida, no triángulo Ourense-Castro Caldelas-Allariz. A seguir, amosa unha serie de estampas da vida rural galega entre os anos vinte e corenta, cun apartado enteiramente dedicado ás festas populares, para acabar coas que foron dúas das principais teimas de Risco: Galicia e Europa.

Posteado por: Berta en Xeral 13-10-2009

Ademais de toureiro profesional, boxeador ocasional, piloto de avioneta, xogador de polo, condutor de coches de carreiras, actor afeccionado, presidente do Betis e da Cruz Vermella, e mecenas da Xeración do 27, Ignacio Sánchez Mejías deixou escrita a novela La amargura del triunfo, que agora ve a luz.

O manuscrito desta obra foi achado hai uns meses coa preparación do 75 aniversario da morte do toureiro no rodo, que se cumpre este ano e que inspirou o que posiblemente sexa o máis fermoso poema fúnebre da literatura española xunto ao que Jorge Manrique escribiu á morte do seu pai: o “Llanto por Ignacio Sánchez Mejías”, do seu amigo Federico García Lorca.

Publicada agora pola editorial Berenice cun amplo estudo introdutorio de Andrés Amorós, é “un retrato prototípico do ascenso e desengano dun toureiro, con claves e un transfondo moi orixinais debido ás mans, dabondo autorizadas das que procede”, segundo os editores.
La amargura del triunfo tamén é un reflexo do mundo intelectual de Sánchez Mejías, quen foi autor de teatro psicodramático e o primeiro candidato da República para ocupar o posto de gobernador civil co entón novo réxime. Cuñado de Joselito, que o doutorou na praza, foi conferenciante na neoiorquina Universidade de Columbia, onde foi presentado por Lorca, e cedeu os terreos de Sevilla para que aterrasen os cepelíns, e a esta multitude de facetas súmase agora a de novelista.
Posteado por: Berta en Xeral 24-09-2009
Premio Fomento Lectura 2009       O xornal "La Vanguardia", o xornalista Manuel Pedraz, polo programa  "Historias de papel", de RNE en Andalucía e o escritor Fernando Sánchez Dragó, polo seu programa "Las Noches Blancas", de Telemadrid, foron galardonados cos Premios ó Fomento da Lectura 2009 ós medios, que concede a Federación de Editores de España.
Nas bibliotecas Municipais podedes encontrar entre outras as seguintes obras de escritor Sánchez Dragó:
  • La prueba del laberinto
  • El camino hacia Ítaca 
  • Historia mágica del Camino de Santiago 
  • El camino del corazón
  • Prisciliano y el priscilianismo
  • Las fuentes del Nilo 
  • Muertes paralelas 
  • El sendero de la mano izquierda : un código de conducta 
Posteado por: Berta en Xeral, Novas, Escritores 21-09-2009

 Victor López Villarabid

  O xornalista e escritor Víctor López Villarabid, un dos grandes valedores do  Camiño de Santiago, faleceu o pásado sábado ós 72 anos en Lugo e será soterrado hoxe á tarde en Sarria onde foi correspondente de El progreso durante catro décadas.

    A súa carreira xornalista ten un amplo percorrido. Persoa moi activa deselvolveu a súa labor informativa en medios coma Radio Cadena, Radio Nacional de España, Onda Cero ou Radio Galega.

    Dende o ano 1970 levou, ademáis, a corresponsalía da axencia EFE na zona centro-sur da provincia de Lugo. Pola contra O Camiño de Santigo foi un tema recurrente na súa traxectoria literaria.

 

Nas Bibliotecas Municipais podedes encontrar as seguintes obras deste autor:

  • El Camino de Santiago en Galicia : (de O Cebreiro a Compostela)
  • Sarria : capitalidad del "camino francés" por tierras lucenses
  • Del viejo al nuevo Portomarín
  • Paradela y su concello

 

 

 

 

Posteado por: Berta en Xeral 16-09-2009
Xiran
 
    A escritora Xinran revela un espisodio da historia que marcou a xeración de chinos. Fala das súas viviencias no libro “Generación Mao” un traballo de campo onde explican o medo á opresión que mantiveron silenciadas varias xeración.
Foron vinte anos de entrevistas, máis de cincuenta persoas e conversacións dificultadas pola incomunicación que impera na China.
 
Nas Bibliotecas Municipais podedes encontrar os seguintes títulos:
 - Nacer mujer en China / Xiran Xue.- Barcelona : Emecé, D.L. 2003
 - En las montañas sagradas / Xinran Xue.-  Barcelona : Emecé, 2005
 - Nacer mujer en China / Xinran Xue. - Barcelona : Círculo de Lectores, 2003