A Cultura que facemos … A Cultura que queremos

Se xa sabes en que podes ou queres colaborar, podes escribir un correo directamente á Concellaría de Cultura, ao enderezo: cultura@coruna.es
A Cultura que facemos … A Cultura que queremos

Se xa sabes en que podes ou queres colaborar, podes escribir un correo directamente á Concellaría de Cultura, ao enderezo: cultura@coruna.es
Nacido en 1927 na localidade de Ribadeo (Lugo), Daniel Cortezón foi de formación totalmente autodidacta e pertencía á chamada ‘primeira xeración’ dos dramaturgos de posguerra, entre a súa produción inclúense tamén obras de narrativa, ensaio, artigos e traducións.
Na súa carreira coma escritor destacan obras coma A vila sulagada, coa que gañou o Premio Blanco Amor na súa primeira edición, ou A diáspora e Xelmírez ou a gloria de Compostela. No campo do ensaio foi autor de títulos coma O esprito de Galiza, Castelao ou a paixón de Galiza. Tamén escribiu teatro sobre a emigración galega como "A diáspora" e en castelán, "Crónicas del Rey Don Pedro" ou "Soñando a Goette". É autor dun ciclo de catro obras sobre a figura de Castelao.
Nas Bibliotecas Municipais da Coruña podedes ler as seguintes obras deste xenial dramaturgo:
Curtas na praza de Azcárraga todos os venres de setembro
A Concellaría de Cultura organiza sesión de curtas durante todos os venres do mes de setembro que serán proxectadas na praza de Azcárraga e que se inclúen no OFestivalOn five’ que arrancará o vindeiro 4 de setembro ás 22.30h.
As curtas que se proxectarán ao longo do mes serán as seguintes:
Venres 4 de setembro:
Pánico a una muerte ridícula- Rubén Stein. Ficción
No corras tanto- César Díaz Melendez. Animación
Ferro ardendo- Miguel García Fernández
Cestla Vie- Young gyu Lee. Animación
Cores- Jairo Iglesias. Ficción
Mariñeiros- Omar Rabuñal. Ficción
La sortie- Jesús Domínguez Sánchez. Documental
O raio transparente- Pancho Lapeña. Animación
Venres, 11 de setembro:
The Wereping- Sam Orti Marti. Animación
Niño Balcón- Pilar Palomero. Ficción
Tan preto e tan lonxe- Isabel Rey Fernández. Documental
Socarrat- David Montero. Ficción
En la otra camilla- Luis Melgar. Ficción
In the name of God- Julia Geker. Animación
El encargado- Sergio Barrejón. Ficción
Campás- Jairo Iglesias. Ficción
Venres, 18 de setembro:
0,8 Miligramos- Imanol Ruíz de Lara. Ficción
Continuará- Esther Fernández Carrodeaugas. Animación
Túneles en el río- Augusta Zourelidi. Animación
Funners- Marc Reixach. Ficción
On the line- Jon Garaño. Ficción
Poder ser- Carlos Seijo. Ficción
Marruecos, un viaje de colores-Álvaro Sanz Alonso
Venres, 25 de setembro:
El ministerio del pez- Giovanni Maccelli. Animación
Muto- Blu. Animación
La chica dentro de la caja- Matt Dickinson. Documental
Micntc- Isabel de o Campo. Ficción
Vellas- Carlos Prado Pampín. Ficción
Mei Ling- Stepahnie Lansagne & Francois Leroy. Animación
Stikk- Vifidis Nielsen. Ficción
No se preocupe- Eva Ungría. Ficción
Todas as proxeccións terán lugar na praza de Azcárraga ás 22:30 horas.
Martin Amis é un novelista británico, nacido en Oxford en 1949. Cumpriu esta semana 60 anos.
Considerado por unha banda da crítica como un brillante autor cun satírico uso da linguaxe á vez que coidado. Mostra a dureza das historias e as palabras que emprega, pero tamén non se esquece a súa preocupación por problemas do mundo contemporáneo en referencia ás drogas, o sexo ou a violencia.
As Bibliotecas Municipais da Coruña recomendan as seguintes obras deste autor:
Novoneyra, Día das Letras 2010
A Real Academia Galega decidiu dedicar o 17 de maio próximo, Día dás Letras Galegas de 2010, ao poeta Uxío Novoneyra (Parada do Courel 1930-Santiago de Compostela 1999).
Novoneyra foi un dos poetas máis relevantes en lingua galega de todos os tempos. A obra do poeta está enraizada na tradición e no popular.
O Courel foi o principal referente físico para os seus versos, considerados dos mellores no tocante á paisaxística, dentro da literatura galega.
Algúns dos seus poemas extensos, como Vietnam Canto ou Letanía de Galicia estiveron presentes en cancións e recitacións desde a súa creación en 1968. Entre os seus libros destacan Os Eidos (Galaxia, Vigo, 1955), con prólogo de Ramón Piñeiro, Os Eidos 2 (Galaxia, Vigo, 1974), ilustrado por Laxeiro, ao que lle dedica un extenso poema, Poemas caligráficos (Brais Pinto, Madrid, 1979), que recolle poemas publicados con anterioridade pero artisticamente mostrados a través da caligrafía do autor.
Novela política de ciencia ficción, escrita por George Orwell e publicada o 8 de xuño de 1949 cumpre 60 anos.
Nas Bibliotecas Municiapis da Coruña, tamén podemos encontrar outras distopías na literatura, que anticiparon a crueldade que nos vén encima.
¿Sueñan los androides con ovejas eléctricas? / Philip K. Dick
El Dador / Lois Lowry
El señor de las moscas / William Golding
El talón de hierro / Jack London
Fahrenheit 451 / Ray Bradbury
Guerracivilandia en ruinas / George Saunders
La guerra de las salamandras / Karel Capek
La naranja mecánica / Anthony Burgess
La trama celeste / Adolfo Bioy Casares
Mercaderes del espacio / Frederik Pohl
Neuromante / William Gibson
Nunca me abandones / Kazuo Ishiguro
Rascacielos / Richard Martin Stern
Rebelión en la granja / George Orwell
Soy leyenda / Richard Matheson
Ubú Rey / Alfred Jarry
Un día perfecto / Ira Levin
Un mundo feliz / Aldous Huxley
¡Apúntate!
Saída o martes 26 de maio as 9:30 dende o Forum Metropolitano.
Máis información na Biblioteca do Forum.
No voy a irme así nomás. Tendrán que echarme sin motivo. Yo y mis talones en la tierra decimos no, que aguantaremos.
Pueden mandarme vendavales o filatelias del agravio: la colección de mis descuidos, de mis erratas, de mis queridos disparates, de mis tropiezos evitables, de mis inútiles extravagancias, de mis escándalos de ateo.
No voy a irme así nomás, por algo aquí me concibieron y fui nacido y caminé descalzo sin herirme, dialogando con el silencio y con el mar y con las nubes, con lluvia y sol tan incesantes y siempre con algún secreto, minúsculo o tremendo pero mío, como una forma de eludir cierta carcoma inevitable.
No voy a irme así nomás. Si soy superfluo o desolado, la trayectoria de mis culpas se va y regresa con lo aprendido, y yo la espero aquí en mi noche.
No voy a irme y si me voy, será para estudiar la nada.
MARIO BENEDETTI
O próximo venres 8 de maio ás 20:00 h. a escritora mexicana Elena Poniatowska visitará a sede da Real Academia Galega (rúa Tabernas 11) para impartir unha conferencia, A literatura que vén da rúa.
Este acto encádrase dentro do II Encontro literario Cidade da Coruña: Mulleres na literatura, organizado conxuntamente pola Asociación de Escritores en Lingua Galega y la Concellaría de Cultura, na sede de la RAG.
A entrada é de balde e libre até completar a capacidade do recinto.

A saga Crepúsculo vende dous millóns e medio de exemplares en español

Segundo informou a editorial Alfaguara, encargada de publicar no mercado español, incluíndo Latinoamérica, as catro entregas da saga -’Crespúsculo’, ‘Lúa nova’, ‘Eclipse’ e ‘Amencer’, entre os catro títulos, o libro oficial da película ‘Crepúsculo’ e a edición de peto de Punto de Lectura vendéronse xa en español máis de dous millóns e medio de exemplares.
Desta cifra, un millón e medio corresponde exclusivamente á venda en España, mentres que en todo o mundo vendéronse 42 millóns de exemplares en 39 países.
O argumento, baseado nunha historia de amor entre unha moza e un vampiro, encandilou a lectores de todas as idades, que esperan con expectación a seguinte entrega da "vampírica" saga. O primeiro libro publicouse fai só tres anos en Estados Unidos, aínda que rápidamente chegou a España, onde as lectoras máis novas entusiasmáronse coa historia de amor xurdida entre Bela e Edward, os protagonistas.
En cada entrega, Stephenie Meyer engade novos ingredientes a un romance clásico de loita entre o desexo e o temor, aínda que foi a publicación mundial do cuarto título, ‘Amencer’, pouco antes do último Nadal, coincidindo co estreo da película ‘Crepúsculo’, cando os seguidores da saga foron crecendo sen parar.
Segundo Alfaguara, a creadora da saga non confirmou nin desmentiu nada sobre unha próxima entrega, mentres se prepara en España a saída da súa nova novela de literatura fantástica, ‘The host’ (A hóspede), que será publicada en marzo por SUMA e que xa está tamén entre os libros máis vendidos en Estados Unidos.