Nacido en 1927 na localidade de Ribadeo (Lugo), Daniel Cortezón foi de formación totalmente autodidacta e pertencía á chamada ‘primeira xeración’ dos dramaturgos de posguerra, entre a súa produción inclúense tamén obras de narrativa, ensaio, artigos e traducións.
Na súa carreira coma escritor destacan obras coma A vila sulagada, coa que gañou o Premio Blanco Amor na súa primeira edición, ou A diáspora e Xelmírez ou a gloria de Compostela. No campo do ensaio foi autor de títulos coma O esprito de Galiza, Castelao ou a paixón de Galiza. Tamén escribiu teatro sobre a emigración galega como "A diáspora" e en castelán, "Crónicas del Rey Don Pedro" ou "Soñando a Goette". É autor dun ciclo de catro obras sobre a figura de Castelao.
Nas Bibliotecas Municipais da Coruña podedes ler as seguintes obras deste xenial dramaturgo:
- A vila sulagada
- A diáspora : peza dramática nun acto
- Os irmandiños : drama histórico
- Xelmirez, ou a groria de Compostela : peza dramática en catro aitos
- Pedro Madruga : representación historica
- Prisciliano
- Crónica del rey Don Pedro
- Dionisio Gamallo Fierros, Varón de Porcillán : la sinfonía incompleta
- Semáforo : humordrama en un acto
- As covas do rei Cintolo
- Castelao ou a paixón de Galiza . IV, O pudor e a angustia
- Castelao ou a paixón de Galiza. III, Intermezzo bufo
- Alí Ben Mangato e mailo seu cabalo branco chamado Beliador : teatro para nenos nun só entrecho
- Os anxos cómense crús

