Novoneyra, Día das Letras 2010
A Real Academia Galega decidiu dedicar o 17 de maio próximo, Día dás Letras Galegas de 2010, ao poeta Uxío Novoneyra (Parada do Courel 1930-Santiago de Compostela 1999).
Novoneyra foi un dos poetas máis relevantes en lingua galega de todos os tempos. A obra do poeta está enraizada na tradición e no popular.
O Courel foi o principal referente físico para os seus versos, considerados dos mellores no tocante á paisaxística, dentro da literatura galega.
Algúns dos seus poemas extensos, como Vietnam Canto ou Letanía de Galicia estiveron presentes en cancións e recitacións desde a súa creación en 1968. Entre os seus libros destacan Os Eidos (Galaxia, Vigo, 1955), con prólogo de Ramón Piñeiro, Os Eidos 2 (Galaxia, Vigo, 1974), ilustrado por Laxeiro, ao que lle dedica un extenso poema, Poemas caligráficos (Brais Pinto, Madrid, 1979), que recolle poemas publicados con anterioridade pero artisticamente mostrados a través da caligrafía do autor.
Novela política de ciencia ficción, escrita por George Orwell e publicada o 8 de xuño de 1949 cumpre 60 anos. 
