Harold Pinter
 
O dramaturgo británico Harold Pinter, Premio Nobel de Literatura en 2005, faleceu o pasado día 24 de decembro aos 78 anos a consecuencia dun cancro.
 
Ao concederlle o Nobel, a Academia sueca cualificouno como "o representante máis destacado do teatro británico da segunda metade do século XX" e tamén destacou que o autor foi galardonado polas súas "obras, nas que descobre o precipicio que hai detrás dos balbuceos cotiáns e que irrompe nos espazos pechados da opresión".

Pertencente á xeración dos Novos Airados Británicos, o autor escribiu pezas teatrais tan famosas como "A Festa de Aniversario", "Luz de lúa" ou "Vellos Tempos", así como varios guións de cine para directores  como Joseph Losey. Estas obras, entre outras, están dispoñibles nas Bibliotecas Municipais da Coruña.

Considerado un escritor políticamente comprometido, Harold Pinter dedicou nos últimos anos as súas críticas políticas máis acedas á guerra de Iraq, na que o Reino Unido foi fiel seguidor da Administración estadounidense. Do ex primeiro ministro británico Tony Blair chegou a dicir que era un "criminal de guerra" e de Estados Unidos falou como un país "dirixido por un grupo de delincuentes"