Este ano na Biblioteca Municipal do Castrillón fixemos un calendario de advento xigante.

O calendario de advento é unha tradición orixinaria de Alemania e un símbolo da estación de advento que se celebra no mes de decembro.

Dende o día 1 e ata Noiteboa abriremos unha caixa na que sempre haberá unha sorpresa.
Algunhas caixas terán un contido especial porque ese día faremos unha actividade.

Os días especiais son:

Día 2 e 16 : Cantos de Reis. Teremos na biblioteca o Grupo Donaire e  Marta Pumares para aprender un par de cantos e contar o que son.

Días 3, 10, 17 e 23 teremos talleres sorpresa para preparar o Nadal para nenos a partir de 3 anos.

Días 4 e 18:  Coma sempre teremos a Fuco.

Ás 18:30 abriránse as caixas e comenzarán as actividades, agás as de Fuco que serán no seu horario habitual.