Sexo, drogas, rock, satanismo e despois… redención. Así é como o biógrafo Fernando Morais describe a vida do escritor Paulo Coelho. Morais acaba de lanzar O Mago, unha biografía chea de detalles acerca do pacto de Coelho co demo -quebrado- e a súa vida sexual, incluíndo tres aventuras homosexuais. 
A biografía do brasileño ten 632 páxinas, no seu primeiro dia nas librerías de Brasil vendeu máis de 10.000 exemplares. O Mago contén as ‘’escabrosas'’ confesións que Morais rescata dende casi 200 diarios e 100 cintas que tiña Coelho escondidas nun baúl. Coelho é o autor máis vendido a nivel mundial e, según Morais, máis traducido que Shakespeare.
Coelho escrieu 19 libros, incluíndo Verónica decide morrer,do que foron vendidas 300 millóns de copias en máis de 150 países. A súa última obra, La bruja de Portobello, foi editada no 2007.