Agustín Fernández Paz foi o gañador do Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil 2008, co seu libro O único que queda é o amor.

Para celebralo na Biblioteca Municipal de Castrillón preparamos unha pequena mostra cos seus libros.
Agustín Fernández Paz é un dos nomes chave da literatura infantil e xuvenil galega, non só polo amplo número de obras publicadas, senón polo seu éxito cos lectores, pola cantidade das súas obras que foron traducidas, en especial ao castelán, ao catalán, ao éuscara e ao portugués pero tamén ao asturiano, ao francés, ao árabe e ao coreano, e polos premios acadados, tanto de ámbito galego como internacional, entre os que se atopa o Merlín, Lazarillo, o Rañolas ou o Raíña Lupa. Algunhas obras súas tamén foron seleccionadas para a Lista de Honra de IBBY.
Ademais, realizou un longo labor editorial para Edicións Xerais, coordinando durante moitos anos a colección "Merlín" de literatura infantil e xuvenil.

Obra:

 A cidade dos desexos, 1989
 As flores radiactivas, 1990
 Contos por palabras, 1991
 Lonxe do mar, 1991
 O tesouro do dragón Smaug, 1993
 Rapazas, 1993
 As tundas do corredor, 1993
 Unha lúa na fiestra, 1994
 Trece anos de Branca, 1994
 Unha lúa na fiestra, 1994
 Cartas de inverno, 1995
 Amor dos quince anos, Marilyn, 1995
 Avenida do Parque, 17, 1996
 O centro do labirinto, 1997
 A néboa escura, 1998
 O laboratorio do doutor Nogueira, 1998
 As fadas verdes, 1999
 Cos pés no aire, 1999
 A nube de cores, 1999
 Aire negro, 2000
 O soño do merlo branco, 2000
 No corazón do bosque, 2001
 Un tren cargado de misterios, 2001
 Ana e o tren máxico, 2001
 Noite de voraces sombras, 2002
 O meu nome é Skywalker, 2003
 A Serea da Illa Negra, 2003
 A praia da esperanza, 2003
 Tres pasos polo misterio, 2004
 Raquel ten medo, 2004
 Laura e os ratos, 2004
 A escola dos piratas, 2005
 A noite dos animais, 2005
 A fuxida do mar, 2005
 Fantasmas no corredor, 2005
 ¡Que medo, mamá Raquel!, 2005
 Corredores de sombra, 2006
 Os gardiáns do bosque, 2006
 Querido inimigo, 2006
 O raio veloz, 2006
 O único que queda é o amor, 2007
 A pastelaría de dona Remedios, 2008

No blog da Editorial Xerais, podedes consultar algunhas entrevistas e novas publicadas nos xornais.