Posteado por: Catuxa Seoane en Novas, Escritores 20-02-2008

A editorial Xerais adiántanos a súa oferta cultural alusiva ao homenaxeado polas Letras Galegas este ano, Xosé Maria Alvarez Blazquez, escritor da xeración do 36.

Xosé Maria Alvarez 

Como anunciános Manolo Bragado no seu blog, xa temos dispoñible un dossier (pdf) sobre este erudito galeguista.

Nas Bibliotecas municipais de A Coruña empezamos tamen a preparar o noso particular homenaxe e aquí tedes algunhas das suas obras esperando por vos:

  • Enchen as augas
  • Roseira do teu mencer
  • Na vila hai caras novas
  • A pega rabilonga : e outras historias de tesouros
  • Una cabaña en el cielo
  • Canle segredo
  • … 
Posteado por: Catuxa Seoane en Novas, Escritores 06-02-2008

Gioconda BelliA escritora nicaragüense, Gioconda Belli é a gañadora do Premio Biblioteca Breve coa obra El infinito en la palma de la mano, unha fabulación da vida cotidiá de Adán e Eva no paraíso.

Segun o xurado, composto por José Caballero Bonald, Luis Mateo Díez, Pere Gimferrer, Rosa Montero e Elena Ramírez, a novela de Belli foi escollida polo:

singular enfoque, a sua capacidade evocadora e a sua recreación antropolóxica do mito dos oríxes

Gioconda Belli, moi coñecida polos seus poemas, xa gañou no 1988 o Premio Casa de las Américas coa afamada novela La mujer habitada.

Nas Bibliotecas Municipais de A Coruña invitamosvos a leer ou releer a obra desta escritora de raíces:

Posteado por: Julio en Novas

concurso fotografíaAs Bibliotecas Municipais da Coruña convocan a 2ª edición do concurso de fotografía dixital "Amósanos o que les". Para coñecer as bases e poder envia-las fotos debéis visita-la  web del concurso. Asi que, xa sabedes, se estades lendo un libro, e seguro que sí, podédes participar neste concurso abierto. Este ano ademáis prometen ao gañaador unha cámara reflex dixital e dous mp3 aos dous finalistas. Merece a pena intentalo, plasmade o  voso libro e enviadelo.

A foto deste post corresponde a Ata caer rendida de Estela Barbeito a gañadora da edición pasada.