En EEUU na febre de dominación e control leva a cotas insospeitadas, agora se tes pensando viaxar en avión e levar un libro para a viaxe, TEN COIDADO!, entre os datos que EEUU garda dos pasaxeiros que entran e saen do país, tamén se atopan agora os libros que un escolleu para ler no avión segun informan no Department of Homeland Security.

Os títulos escollidos polos viaxeiros anótanse á beira da información sobre os lugares aos que o pasaxeiro di que vai, con quen vai estar, para que é a viaxe, os números de teléfono de contacto para que lle avisen se hai cancelacións, os traxectos alternativos que se estudaron antes da decisión final…

Libros prohibidos nos avions de EEUU 

Realmente o tema da medo, a este paso teremos que actualizar a Mostra de libros prohibidos que temos na Biblioteca do Forum, se vades a EEUU, elixide ben o que ledes!. 

[Via El Periodista Digital