Agora que chega o tempo de agasallos nada mellor cun libro dos que te recomendamos na nosa Guia de Nadal, e se además es un apaisoado de Tolkien e de Papá Noel, esta obra é a túa:
Cartas a Papá Noel, cartas que Tolkien escribia ós seus fillos, coidando ata o último dos detalles. Deseñaba con gran agarimo e esmero os sóbrelos, nos que incluía debuxos dos feitos que contaba Papá Noel; escribía as cartas cunha escritura grande e vacilante, coma se quen as escribía estivese tremendo a causa do frío; sóbrelos adoitaban levar selos do Correo do Polo Norte, tamén debuxados por Tolkien; pedíalle ao carteiro que as trouxese, ou saía ao xardín a por neve para cubrilas… Pero, máis aló do compoñente sentimental destas cartas, e do seu coidado deseño, o seu contido constitúe unha verdadeira delicia para calquera neno. As historias son sinxelas, divertidas e entrañables; e os debuxos non lles van á zaga. En suma, as Cartas de Papá Noel son un libro moi recomendable como agasallo para calquera neno.
Cartas de Papá Noel / J.R.R. Tolkien ; edición de Baillie Tolkien ; traducción de Ana Mata Buil. — Barcelona : El Aleph, 2006

