Se na historia temos unha longa lista de libros prohibidos como recollemos na mostra bibliográfica preparada na Biblioteca do Forum Metropolitano, o certo é que tamen existen prohibicións a hora de tratar con libros ou dispoñernos a lectura.
Francisco Mendoza-Díaz Maroto, en La Pasión por los libros, recopila os 30 preceptos publicados no The Library Journal de Nueva York por Harold Klett en 1909 a ter conta cando manipulamos libros.

Tomade nota:
- Non ler na cama.
- Non poñer notas marxinais, agas que sexa un Coleridge.
- Non dobrar as puntas das follas.
- Non cortar con neglixencia os libros novos. Refírese aos libros intonsos, que se encadernaron sen cortar as barbas dos pliegos có compoñen. Alguns autores recomendan cortalos cun naipe.
- Non garabatear o voso interesante e precioso autógrafo nas páxinas do título. Nin en ningunha outra parte do libro, advirten os comentaristas.
- Non poñer nun volumen dun peso, unha encadernación de cen pesos. Para uns a encadernación non debe superar un tercio do valor da compra do libro, outros simplemente advirten que non debe superar o valor do libro.
- Non mollar a punta dos dedos para pasar as páxinas.
- Non ler comendo. Nin comer nin beber leendo.
- Non fiar os libros preciosos a malos encadernadores.
- Non deixar caer sobre o libro as cinzas do cigarro, e mellor aún non fumar lendo. Isto perxudica á vista.
- Non arrancar dos libros os grabados antigos.
- Non colocar os libros sobre o borde exterior, como se fai frecuentemente cando se lee e se interrumpe momentaneamente a lectura, en vez de poñer unha señal.
- Non secar follas de plantas dentro dos libros.
- Non ter os estantes das bibliotecas enrriba dos picos de gas.
- Non sosteñer os libros suxeitándoos polas tapas.
- Non estornudar sobre as páxinas.
- Non arrancar as follas de garda das tapas.>
- Non mercar libros sin valor.
- Non limpar os libros con trapos sucios.
- Non encerrar os libros en escritorios, cómodas, nin armarios: teñen necesidade de aire.
- Non encuadernar xuntos dous libros diferentes.
- En ningún caso sacar as láminas e os mapas dos libros.
- Non cortar os libros con horquillas para o pelo.
- Non facer encadernar os libros en coiro de Rusia.
- Non emplear os libros para asegurar as sillas ou mesas coxas.
- Non arroxar os libros aos gatos, nin contra os nenos.
- Non romper os libros abréndoos enteramente r pola forza.
- Non ler os libros encadernados moi preto do fogo ou da chimenea, nin en barcas.
- Non deixar cós libros tomen humidade.
- Non esquecer estos consellos.

