Posteado por: Catuxa Seoane en Obras 19-12-2007

Agora que chega o tempo de agasallos nada mellor cun libro dos que te recomendamos na nosa Guia de Nadal, e se además es un apaisoado de Tolkien e de Papá Noel, esta obra é a túa:

Cartas a Papá Noel, cartas que Tolkien escribia ós seus fillos, coidando ata o último dos detalles. Deseñaba con gran agarimo e esmero os sóbrelos, nos que incluía debuxos dos feitos que contaba Papá Noel; escribía as cartas cunha escritura grande e vacilante, coma se quen as escribía estivese tremendo a causa do frío; sóbrelos adoitaban levar selos do Correo do Polo Norte, tamén debuxados por Tolkien; pedíalle ao carteiro que as trouxese, ou saía ao xardín a por neve para cubrilas… Pero, máis aló do compoñente sentimental destas cartas, e do seu coidado deseño, o seu contido constitúe unha verdadeira delicia para calquera neno. As historias son sinxelas, divertidas e entrañables; e os debuxos non lles van á zaga. En suma, as Cartas de Papá Noel son un libro moi recomendable como agasallo para calquera neno.

Cartas a papa noel 

  Cartas de Papá Noel / J.R.R. Tolkien ; edición de Baillie Tolkien ; traducción de Ana Mata Buil. — Barcelona : El Aleph, 2006
 

Posteado por: Catuxa Seoane en Xeral 17-12-2007

Este Nadal, agasalla, pide, le libros, moitos libros. Amigos e familiares  agradeceráncho. Non sabes cal elixir? Desde as bibliotecas municipais seleccionamos os mellores libros do ano para pequenos e grandes. Descarga a nosa escolma (pdf) e escolle o teu:

 Nadal de libros ano de amigos

 

Posteado por: Catuxa Seoane en Xeral 12-12-2007

Se na historia temos unha longa lista de libros prohibidos como recollemos na mostra bibliográfica preparada na Biblioteca do Forum Metropolitano, o certo é que tamen existen prohibicións a hora de tratar con libros ou dispoñernos a lectura.

Francisco Mendoza-Díaz Maroto, en La Pasión por los libros, recopila os 30 preceptos publicados no The Library Journal de Nueva York por Harold Klett en 1909 a ter conta cando manipulamos libros.

Libros

Tomade nota:

  1. Non ler na cama.
  2. Non poñer notas marxinais, agas que sexa un Coleridge.
  3. Non dobrar as puntas das follas.
  4. Non cortar con neglixencia os libros novos. Refírese aos libros intonsos, que se encadernaron sen cortar as barbas dos pliegos có compoñen. Alguns autores recomendan cortalos cun naipe.
  5. Non garabatear o voso interesante e precioso autógrafo nas páxinas do título. Nin en ningunha outra parte do libro, advirten os comentaristas.
  6. Non poñer nun volumen dun peso, unha encadernación de cen pesos. Para uns a encadernación non debe superar un tercio do valor da compra do libro, outros simplemente advirten que non debe superar o valor do libro.
  7. Non mollar a punta dos dedos para pasar as páxinas.
  8. Non ler comendo. Nin comer nin beber leendo.
  9. Non fiar os libros preciosos a malos encadernadores.
  10. Non deixar caer sobre o libro as cinzas do cigarro, e mellor aún non fumar lendo. Isto perxudica á vista.
  11. Non arrancar dos libros os grabados antigos.
  12. Non colocar os libros sobre o borde exterior, como se fai frecuentemente cando se lee e se interrumpe momentaneamente a lectura, en vez de poñer unha señal.
  13. Non secar follas de plantas dentro dos libros.
  14. Non ter os estantes das bibliotecas enrriba dos picos de gas.
  15. Non sosteñer os libros suxeitándoos polas tapas.
  16. Non estornudar sobre as páxinas.
  17. Non arrancar as follas de garda das tapas.>
  18. Non mercar libros sin valor.
  19. Non limpar os libros con trapos sucios.
  20. Non encerrar os libros en escritorios, cómodas, nin armarios: teñen necesidade de aire.
  21. Non encuadernar xuntos dous libros diferentes.
  22. En ningún caso sacar as láminas e os mapas dos libros.
  23. Non cortar os libros con horquillas para o pelo.
  24. Non facer encadernar os libros en coiro de Rusia.
  25. Non emplear os libros para asegurar as sillas ou mesas coxas.
  26. Non arroxar os libros aos gatos, nin contra os nenos.
  27. Non romper os libros abréndoos enteramente r pola forza.
  28. Non ler os libros encadernados moi preto do fogo ou da chimenea, nin en barcas.
  29. Non deixar cós libros tomen humidade.
  30. Non esquecer estos consellos.
[Via El Documentalista Enredado]