Posteado por: Catuxa Seoane en Xeral 30-10-2007

Jan Reymond quere dar unha nova oportunidade ós libros que non se venderon na última feira do libro da localidade de Romainmôtier, unha pequena cidade suiza e a idea e crear instalacións de arte e darlle sentido as obras  que ninguen quiso.

O certo que os libros pasan a ser auténticas obras de arte:

 Arco de libros 

  

[Via Book Patrol

Posteado por: Catuxa Seoane en Escritores, Obras 24-10-2007

O Premio Nacional de Narrativa, otorgado polo Ministerio de Cultura, recaeu este ano en Vicente Molina Foix pola obra El abrecartas.  Deste xeito a novela de Moix queda considerada como a mellor obra na modalidade de narrativa escrita por un autor español, en calquera dos idiomas españois, entre todas as obras deste xénero publicadas en España no ano pasado.

El abrecartas, Premio Nacional de Narrativa 2007 

El abrecartas / Vicente Molina Foix. — Barcelona : Anagrama, D.L. 2006
 
El abrecartas iníciase coas cartas que un amigo de infancia de Federico García Lorca escríbelle ao poeta, quen, aínda vivo, inspira ao lonxe os seus anhelos e os seus soños. A partir dese primeiro episodio o lector seguirá o curso do que o propio Molina Foix chama «novela en cartas», unha obra na que cada capítulo forma parte dun único argumento desenvolvido a través duns protagonistas que en lugar de falarse escríbense. É tamén unha ambiciosa novela-río subterránea na que os últimos cen anos da vida española aparecen reflectidos no suxestivo entrecruzamiento da Historia coas historias privadas dun grupo de vítimas, sobreviventes, «vividores», apóstolos da modernidade, raparigas «modernas» e «malditos». Eses homes e mulleres mestúranse á súa vez con certas personalidades relevantes Lorca, Vicente Aleixandre, María Teresa León, Rafael Alberti, Eugenio D´Ors, entre outros, figuras evocadas desta poderosa sinfonía coral na que o íntimo únese ao colectivo e a abatida traxedia dos perdedores queda a miúdo resaltada polo humor grotesco duns informes policiais que revelan en toda a súa sinistra palabrería a «prosa oficial» do franquismo.
 
Nas Bibliotecas Municipais de A Coruña podes atopar a novela premiada, así como outras obras do autor ademais das anteriores galardoadas como:
Posteado por: Catuxa Seoane en Novas 22-10-2007

Baixo o lema Na biblioteca ESCOITA, le, mira, comparte e busca vanse desenvolver os actos de celebración do Día da biblioteca 2007 (24 de outubro). Para iso as Bibliotecas Municipais da Coruña invitan a todos os cidadáns a acudir ás distintas actuacións musicais que terán lugar nas bibliotecas da cidade de maneira completamente gratuíta.

Bibliotecas, grupos e calendario

Para ir abrindo boca aqui tedes un pequeno aperitivo de Bellonmaceiras:

http://www.youtube.com/watch?v=jKqXXrUlV9c

Posteado por: Catuxa Seoane en Xeral 20-10-2007

Moitos coñecemos os famosos libros desplegables ou troquelados dos pequerrechos, pero seguro que poucos viron un libro destes para "maiores".

Aquí tedes un bo exemplo nunha sorpresa en cada página de esta edición limitada para Neiman Marcus.

Via A nosa biblioteca

Posteado por: Enrique en Xeral 05-10-2007

PortadaLa novela que nos proponemos leer, escrita por John Boyne llega a nuestras manos precedida de justa fama. Está traducida a veinte idiomas y durante 35 semanas fue número 1 de las listas de los libros más vendidos en Irlanda, nación en la que se escribió y editó.

John Boyne es un escritor joven. Nació en Dublín en 1971. Estudió en el Trinity College y en la Universidad de East Anglia. Es autor de otras cuatro novelas, si bien la que nos ocupa es la que lo ha catapultado como escritor de éxitos. El libro en cuestión ha sido finalista a diversos premios literarios y Miramax/Disney prepara un largometraje con la dirección de Mark Herman.

Dice la contraportada del libro que nos debamos tomar la libertad de no describir las características de la obra, ya que el explicar su contenido estropearía la experiencia de la lectura. Haremos caso y iniciaremos nuestra andadura por sus páginas como si explorásemos un mundo desconocido. Acompañaremos a Bruno, un niño de nueve años, cuando se muda con su familia a una casa junto a una cerca. Desde allí irá descubriendo el mundo, el de entonces y por analogía el que ahora mismo se desarrolla en muchos lugares de la tierra.

Estamos seguros que nos entretendrá, hará que dialoguemos sobre lo que Bruno describa y nos emocionará. Al finalizar su lectura prometemos incorporar los comentarios que nos susciten sus páginas.

Posteado por: Catuxa Seoane en Novas, Escritores, Obras 02-10-2007

Paulo CoelhoEn poucos meses poderemos ver no cine a última novela de Paulo Coelho, La bruja de Portobello, quen manifestou recentemente nunha entrevista que está encantado cá idea e espera que Internet apoie a iniciativa e lle axude a promocionar o proxecto.

A idea e que sexan os propios lectores os que filmen a película e redacten os guións a partir del punto de vista de un dos 15 personaxes da historia e que sexan catro xurados independentes os que analicen o material recibido para seleccionar os 15 mellores directores (un para cada personaxe) e preparar a película con todo o material cun montador profesional.

Desta forma, Coelho cumpre cun dos seus obxetivos, escoitar aos lectores, algo que xa leva facendo dende que abriou o seu porpio blog

“Internet es un medio que me permite interactuar con mis lectores”

A película que parece que levará por título ‘La bruja experimental’ exhibirase en diferentes festivais segun constatou a editorial Planeta.

Portada do libro La bruja de Portobello  

  • La bruja de Portobello / Paulo Coelho ; traducción de Ana Belén Costas. — Barcelona : Planeta, 2006

[Via Tokland

 Mentras esperamos o lanzamento da película pódedes disfrutar da lectura da obra nas Bibliotecas Municipais de A Coruña, onde tedes varios exemplares a vosa disposición, xunto con outras obras do autor.