Posteado por: Luisa en Xeral, Novas 18-09-2007

Non é raro que se adapten novelas ó cine, case é habitual. Onte tocoulle a Ourense: José Luis Cuerda está rodando alí a súa adaptación da novela de Alberto Méndez "Los girasoles ciegos" premio da Crítica 2004 e Premio Nacional de Narrativa 2005. Os actores que participan son Maribel Verdú, Javier Cámara, Raúl Arévalo, Irene Escolar, Martín Rivas e ata un total de 420 ourensanos que fan de figurantes. ¿A temática? a posguerra: son catro historias de medos e de derrotas. O libro é triste, é unha historia de perdedores, de humillados, de personas normais, cotidianas e por eso tamén é fermoso. A guerra sempre é brutal e todos son ou somos perdedores. A rodaxe da película é unha boa escusa para léelo. O escritor finou pouco despois da publicación do libro

«la Guerra Civil española estaba en la memoria de aquellos que me querían, y yo recibí por ósmosis esa memoria que me llegó en forma de afecto, contada y ocultada en voz baja»

portada libro

Posteado por: Catuxa Seoane en Xeral 05-09-2007

Durante a pasada semana, na rede de blogs das Bibliotecas Municipais de A Coruña, falamos de: