Recomendamos: unha viaxe culinaria
Dende as Bibliotecas Municipais de A Coruña, Cristina Ameijeiras invítanos a coñecer distintas culturas e países a través dos seus platos:
- Culinaria Mundial. Köneman

Excelente libro de cociña con máis de 500 receitas de 60 chefs de todo o mundo, dende Extremo Oriente a América pasando por Europa e África. A cociña de países como Francia, Italia, India, Líbano ou México son mundialmente coñecidas e recollense moitos dos pratos de estos lugares, pero o leitor tamén pode atopar outras preparacións menos coñecidas de lugares como Coracia e Eslovenia. Inclue información sobre o cultivo de verduras, frutas e especias, sobre a cría de animais e o arte de preparar os ingredientes. Tamén proporciona orientación de cómo adaptar os ingredientes difíciles de atopar para que o resultado sexa igualmente fantástico. Ademáis dunha fotografía ca presentación final, cada receita ven acompañada de varias fotografías cas explicacións do proceso de preparación, o que fai a consulta e lectura de este libro fácil e moi agradable.Destaca, eso sí, os seus case cinco kilos de peso. Pero merece a pena ler os textos introductorios, moi ben escritos, que nos narran historias, contan a orixe ou a difusión de moitos dos pratos e devirten e entreteñen ao leitor con anécdotas moi amenas.
Ademáis se che gusta a nosa recomendación, seguro que che interesasa tamén outras obras dos nosos fondos coma esta da misma temática e enfoque:
- Europa a la carta : un viaje culinario / André Dominé, Joachim Römer, Michael Ditter (editores) ; Günter Beer (fotos) ; Peter Feierabend (diseño) ; Chistine Westphal (redacción). — [Alemania] : Könemann, cop. 2005
E non deixes de pasarche pola Biblioteca do Forum Metroplitano, onde poderás desfrutar a mostra bibliográfica Viaxes á carta onde invitanche a seguir descubrindo e viaxando.

