La guerra de los mundos, a famosa novela de ciencia ficción de H.G. Wells, foi adaptada ó formato audio por Orson Welles en 1938 e agora xa podémola disfrutar como audiolibro (o podcast) e escoitala durante estas vacacións:

Descarga: War of the Worlds (descarga alternativa).

Tamén podemos descargarnos a transcripción.

Portada orixinal de La Guerra de los mundos de H.G. Wells 

A adaptación á radio tivo un gran impacto na sociedade que chegou a pensar que a narración de Welles era unha emisión real de novas e que o país estaba sendo invadido.

O programa duró case 59 minutos: os primeiros corenta corresponderon ao falso noticiario, que terminaba có locutor na azotea da CBS falecendo por mor dos gases e seguía cá narración en terceira persoa do profesor Pearson (Orson Welles), que describía a morte dos invasores.

Ligazóns recomendadas:

Nas Bibliotecas Municipais de A Coruña tedes dispoñible a novela de Welles e adaptación cinematográfica da obra, levada a cabo por Steven Spielberg :

  • La guerra de los mundos / Herbert G. Wells ; traducción, Domingo Santos. — Barcelona : Planeta, D.L. 2001
La Guerra de los mundos, o libro
  • La guerra de los mundos [Vídeo] = War of the worlds / directed by Steven Spielberg ; produced by Kathleen Kennedy, Colin Wilson. — Madrid : Paramount Home Entertainment, cop. 2005
     

La guerra de los mundos, a pelicula
 

[Via, La brújula verde]