Posteado por: Catuxa Seoane en Obras, A biblioteca recomenda 30-08-2007

Dende as Bibliotecas Municipais de A Coruña, Cristina Ameijeiras recomendanos esta semana historias de mulleres malqueridas:

  • Michelena, Mariela. Mujeres malqueridas: Atadas a relaciones destructivas y sin futuro. Madrid: La esfera de los libros, 2007.

 

Mujeres maltratadas

Para Simone de Beauvoir, o estilo de querer considerado "tipicamente feminino" é a consecuencia inevitable da situación de desvantaxe social na que se atopa a muller, unha situación de dependencia que lle impide situarse na vida como suxeito e ser protagonista da súa historia. Isto foi así ata fai uns anos. Pero actualmente, cada vez máis mulleres alcanzan postos de responsabilidade e son donas do seu futuro laboral, e con todo, estas mesmas mulleres choran as feridas que deixa un amor desdichado, igual que as súas antecesoras. A maioría destes amores teñen final, pero só se a muller puido determinar que papel desempeñou ela mesma no seu sufrimento, poderá restituír a súa propia identidade e a súa valía e será capaz de relacionarse consigo mesma e cos demais de xeito menos destrutivo e máis proveitosa.

A autora, psicanalista, proponnos un "mapa" para guiarnos nas nosas relacións cos demais. Non ofrece receitas infalibles, senón "luces" que van iluminando o camiño e que nos fan estar alertas ante o que pode pasar nas nosas relacións amorosas. Por exemplo, manter a propia autonomía e independencia, sen abandonarnos completamente en mans doutros.

Tamén identifica catro pecados "capitais" que aseguran o sufrimento e presaxian un fracaso na relación. Detectar eses "pecados" debería funcionar como un sinal de alarma. Ao mesmo tempo, ofrece alternativas para evitar que caiamos vítimas deses pecados.

Se tes interese en ler un adianto da obra, podes descargarte o dossier (en pdf) da editorial sobre o libro. 

Posteado por: Catuxa Seoane en Novas 29-08-2007

Na Feira do Libro Infantil de Bolonia podese desfrutar dunha prestixiosa Exposición que mostra as últimas tendencias en ilustración infantil de 85 ilustradores (de un total de 2653 participantes) de 58 países. donde se muestran las tendencias más innovadoras en la ilustración del libro infantil.

E tirando para a nosa terra, onde temos excelentes ilustradores (como é o caso de Kiko da Silva que esta estes días ilustrando a Biblioteca de Pontevedra) entre os seleccionados pola organización, atópase o coruñés David Pintor.

Prantando libros de David Pintor

Non esquezas darte unha volta pola exposición virtual:

E lembra que nas Bibliotecas Municipais de A Coruña podes atopar libros ilustrados por este artista:

  • O can de palleiro
  • Hercules y Crunia  

(Vía A nosa biblioteca)

Posteado por: Catuxa Seoane en Xeral 27-08-2007

Durante a pasada semana, na rede de blogs das Bibliotecas Municipais de A Coruña, falamos de:

Posteado por: Catuxa Seoane en Novas 22-08-2007

A 2 de TVE estreará este outono dous programas adicados a literatura e aos libros e dicen (…) que  serán nun horario prudente, "estelar" ao contrario doutras ocasións en que quedan relegados a sesións de madrugada.

  • Marcapáginas, será un espacio de ficción, protagonizado por actores, emitido diariamente no "prime time" cunha duración de 7 minutos. O rodaxe desta miniserie será nunha librería imaxinaria e combinará ficción e realidade para falar de libros especialmente de obras clásicas.

El personaje central de la serie será Julia, directora de una librería que sobrevive con dificultad y que está amenazada de desahucio. Con unos ingresos muy ajustados, ha decidido incluso vender su propia biblioteca, sus libros…hasta su biografía. Y en esa decisión, además de la pura necesidad, está la semilla de un cambio de vida. Una vida que se complica cuando tiene que acoger a Alex, su sobrino, un huérfano retraído enganchado a los ordenadores, a la ironía y a la soledad.


Libraria 

  • ‘Página 2′, un magazín literario de treinta minutos que se emitirá na na media tarde dos domingos, na 2 abordando novas da actualidade literaria, con entrevistas e reportaxes de obras e autores.

Página 2 busca la participación de los telespectadores, quienes podrán intervenir mediante el envío al programa de micro relatos y poemas grabados en vídeo remitidos a TVE. Asimismo, tendrán la opción de plantear por correo electrónico sus preguntas, dudas y sugerencias.

Libros 

[Via Brétemas

Posteado por: Catuxa Seoane en Xeral 20-08-2007

Durante a pasada semana, na rede de blogs das Bibliotecas Municipais de A Coruña, falamos de:

:: Premios literarios:

:: Recomendacións moi apetitosas:

:: Novidades editoriais:

:: Grandes mulleres da historia:

:: Redes sociais literarias:

:: Falán de nós na prensa:

:: No Ciberclub:

Posteado por: Catuxa Seoane en Obras, A biblioteca recomenda 18-08-2007

Dende as Bibliotecas Municipais de A Coruña, Cristina Ameijeiras invítanos a coñecer distintas culturas e países a través dos seus platos:

Culinaria mundial, portada do libro
Excelente libro de cociña con máis de 500 receitas de 60 chefs de todo o mundo, dende Extremo Oriente a América pasando por Europa e África. A cociña de países como Francia, Italia, India, Líbano ou México son mundialmente coñecidas e recollense moitos dos pratos de estos lugares, pero o leitor tamén pode atopar outras preparacións menos coñecidas de lugares como Coracia e Eslovenia. Inclue información sobre o cultivo de verduras, frutas e especias, sobre a cría de animais e o arte de preparar os ingredientes. Tamén proporciona orientación de cómo adaptar os ingredientes difíciles de atopar para que o resultado sexa igualmente fantástico. Ademáis dunha fotografía ca presentación final, cada receita ven  acompañada de varias fotografías cas explicacións do proceso de preparación, o que fai a consulta e lectura de este libro fácil e moi agradable.
Destaca, eso sí, os seus case cinco kilos de peso. Pero merece a pena ler os textos introductorios, moi ben escritos, que nos narran historias, contan a orixe ou a difusión de moitos dos  pratos e devirten e entreteñen ao leitor con anécdotas moi amenas. 
 
Ademáis se che gusta a nosa recomendación, seguro que che interesasa tamén outras obras dos nosos fondos coma esta da misma temática e enfoque:
  • Europa a la carta : un viaje culinario / André Dominé, Joachim Römer, Michael Ditter (editores) ; Günter Beer (fotos) ; Peter Feierabend (diseño) ; Chistine Westphal (redacción). — [Alemania] : Könemann, cop. 2005
Europa a la carta, un viaje culinario 
 
E non deixes de pasarche pola Biblioteca do Forum Metroplitano, onde poderás desfrutar a mostra bibliográfica Viaxes á carta onde invitanche a seguir descubrindo e viaxando.
Posteado por: Catuxa Seoane en Novas, Escritores 13-08-2007

p.d. james, gañadora do Premio CarvalhoA inglesa Phyllis Dorothy James, máis coñecida por P.D. James, considerada a última dama do crime, obtivo o III Premio Carvalho adicado a novela negra, sumándose así aos anteriores galardoados: Francisco González Ledesma e Henning Mankell.

P.D. James, foi directora da BBC e forma parte da Orde do Imperio Británico, ademais de ser a baronesa de Holland Park. Tivo como caldo de cultivo da súa prodixiosa imaxinación o seu traballo no Departamento de Criminoloxía do Ministerio de Asuntos Exteriores do Reino Unido, é unha prolífica escritora de novelas de intriga, misterio e suspense, na maiora delas sempre aparece o personaxe do elegante detective de Scotland Yard Adam Dalgliesh e a investigadora privada Cordelia Gray.

Nas Bibliotecas Municipais de A Coruña invitámosche a descubrir parte da obra desta raíña do suspense, ¿qué che parecen estes títulos?:

  • Sabor a muerte / P. D. James. — Barcelona : Círculo de Lectores, D.L. 1988
  • Mortaja para un ruiseñor / P. D. James. — Barcelona : Plaza & Janés, 1998
  • Muerte de un forense / P. D. James. — 3ª ed. — Barcelona : Versal, 1989
  • Hijos de hombres / P.D. James ; traducción, Jordi Mustieles. — Barcelona : Ediciones B, 1992
  • La hora de la verdad / P.D. James ; traducción de Victoria Simó. — Barcelona : Ediciones B, 2001
  • Una cierta justicia / P.D. James ; [traducción, Eugenia Ciocchini]. — 3ª ed. — Barcelona : Suma de letras, 2001
  • La sala del crimen / P. D. James; traducción de Ana Alcaina. — Barcelona : Círculo de Lectores, 2003
Posteado por: Catuxa Seoane en Xeral

Durante a pasada semana, na rede de blogs das Bibliotecas Municipais de A Coruña, falamos de:

:: Novidades nos sevicios das Bibliotecas Municipais:

:: Actvidades culturais para estas festas:

:: Novidades literarias;

:: No noso ciberlclub len:

Posteado por: Catuxa Seoane en Escritores, Obras 10-08-2007

Alberto Vázquez FigueroaO escritor Vázquez Figueroa únese o movemento copyleft e pon accesible de maneira libre e gratuita a súa última novela para o disfrute de todo aquel interesado na sua labor literaria.

Segundo informa no seu propio blog:

A partir de ahora mis novelas se editarán simultáneamente en edición “cara”, de las llamadas “de tapa dura”, en edición de bolsillo a mitad de precio, podrán descargarse gratuitamente en “Internet” y todos los periódicos o revistas que lo deseen están autorizados a publicarlas al estilo de las antiguas novelas por entregas con la diferencia que en este caso no tendrán obligación de pagarme nada en concepto de derechos de autor.

Por mil millones de dólares é o titulo da obra que acaba de publicar, e que podes disfrutar en formato estándar (19.50 euros) en bolsillo (10 euros) o gratis dende (arquivo pdf, 609 KB, 384 páxinas) a rede, una novela que trata sobre Irak e as escuras maquinacións das grandes compañías americanas que inventaron a existencia de armas de destrucción masiva có fin de iniciar unha guerra que xa costou case medio millón de mortos  pero que produce miles de millons de beneficios a empresas ligadas aos mais altos cargos da administración republicana.

A última novela de Alberto Vázquez Figueroa, gratis 

Vázquez Figueroa pretende con esta iniciativa que a lectura chegue a todo aquel interesado nela, independientemente do seu poder adquisitivo:

Los editores no tienen derecho a quejarse de que “se lee poco” mientras mantienen el control sobre el precio de lo que en ese momento interesa, ni las autoridades deberían promover absurdas campañas publicitarias que no conducen mas que a gastar dinero; lo que deben hacer es presionar a los editores a la hora de poner los libros al alcance de todos los bolsillos.

Posteado por: Catuxa Seoane en Novas, Escritores 07-08-2007

A escritora chilena, Isabel Allende, que recentemente celebrou o seu 65 cumpreanos, está a piques de poñer a venda a sua última obra: La suma de los días, un libro autobiográfico e case de memorias que comeza co triste momento no que a familía se reúne para desfacerse das cinzas da súa filla Paula:

“Estamos juntos porque nos queremos, a pesar de las peleas y los problemas, que nunca faltan. La familia nos da seguridad, protección, compañía y también nos rompe los nervios, pero yo no podría vivir sin ella’’

La suma de los días de Isabel Allende 

La suma de los días, estará dispoñible a partir do 28 de Agosto nas librarías e segundo a editorial:

Isabel Allende narra a su hija Paula todo lo que ha sucedido con la familia desde el momento en que ella murió. El lector vive, junto con la autora, la superación personal de una mujer con una fuerza inspiradora, rodeada siempre de amigos y familiares. Su historia es emotiva, pero también está repleta de humor, personajes pintorescos y anécdotas caóticas y divertidas sobre la complicidad, el amor, la esperanza, la magia y la fuerza de la amistad. Una lección magistral de cómo hacer frente a los distintos retos que depara la vida.

[Via Todas, la bitácora para ellas

Lembra que nas Bibliotecas Municipais de A Coruña podes desfrutar de toda a obra de esta escritora, universalmente coñecida por La casa de los espíritus:

  • Cuentos de Eva Luna / Isabel Allende. — [5ª ed. en esta colección, (2ª ed. en Biblioteca de autor)]. — Barcelona : Plaza & Janés, 1994
  • De amor y de sombra / Isabel Allende. — Barcelona : Plaza & Janés, D.L. 1995
  • El plan infinito / Isabel Allende. — Barcelona : Plaza & Janés, 1994
  • Paula / Isabel Allende. — [8ª ed.]. — Barcelona : Plaza & Janés, 1995
  • De amor y de sombra / Isabel Allende. — [15ª ed.]. — Barcelona : Plaza & Janés, 1996
  • Afrodita : cuentos, recetas y otros afrodisíacos / por Isabel Allende; ilustraciones, Robert Shekter; recetas, Panchita Llona. — Barcelona : Plaza y Janés, 1997
  • Hija de la fortuna / Isabel Allende. — Barcelona : Plaza & Janés, 1999
  • Retrato en sepia / Isabel Allende. — Barcelona : Plaza & Janés, 2000
  • La ciudad de las bestias / Isabel Allende. — Barcelona : Plaza & Janés, 2002
  • Mi país inventado / Isabel Allende. — Barcelona : Plaza & Janés, D.L. 2002
  • El reino del dragón de oro / Isabel Allende. — Barcelona : Montena, 2003
  • El bosque de los pigmeos / Isabel Allende. — Barcelona : Círculo de Lectores, 2004
  •  Inés del alma mía / Isabel Allende. — Barcelona : Plaza & Janés, 2006