Onde sempre é bosque, relatos para o veran
Vieiros, a publicación galega que triunfa en Internet, quere deleitarnos durante este veran cunha escolma de relatos orixinais dos nosos mais salientables escritores, a iniciativa leva por nome:Onde sempre é bosque:
Vieiros quere, co apoio das Consellerías de Cultura e Deporte e de Medio Rural, abrir unha devasa de creatividade coas voces das autoras e autores que nos falen do monte como o noso meirande espazo comunal: para a fantasía, para as follas dos libros, para o osíxeno, para os bytes.
Esta semana, a encargada de mostrarnos o seu bosque e a xove escritora, Rosa Aneiros, que nos deleita cun conto chamado: Eva en Coirós:
"A túa pel é a miña pel. A túa suor é a miña. Todas e cada unha das pingas de auga que percorren o teu corpo. O teu sal é o meu sal. As túas trinta e tres vértebras, o meu espiñazo. A luz que che brilla nas meniñas, o meu solpor. Todas e cada unha das bágoas que lamben a túa pel son a miña auga. A miña suor. O meu cuspe. Non hai nada en ti que non me pertenza. Nada en ti que non sexa meu. A túa pel, a túa auga… [segue]
Nas Bibliotecas Municipais podedes atopar as obras publicadas de Rosa Aneiros, que traballa como xornalista no Consello de Cultura Galega en Santiago, e a que tiven a sorte de coñecer no Enblogs. Se che gustou o seu relato, podes ler a columna que publicaba en Cultura Galega.org, Agandando as lagarteiras, e algúns dos seus libros
- Eu de maior quero ser / Rosa Aneiros. — Santiago de Compostela : Sotelo Blanco, D. L. 1999
- Corazóns amolecidos en salitre / Rosa Aneiros Díaz. — Santiago de Compostela : Laiovento, 2002
- Resistencia / Rosa Aneiros. — Vigo : Xerais, 2002
- No país do Nunca Máis : reportaxe / Xurxo Lobato ; [limar Manuel Rivas ; textos de Rosa Aneiros … et al.]. — 3ª ed. — Vigo : Galaxia, 2003
- Veu visitarme o mar / Rosa Aneiros. — 1ª ed.. — Vigo : Xerais, 2004
- O xardín da media lúa : Lendas árabes. — Vigo : Galaxia, D.L. 2004
[Via, Brétemas, de Manolo Bragado]


Unha vez máis moitisimas grazas a Rosa Aneiros por facernos soñar Galicia coa súa pluma, unha pluma que tinxe as súas verbas de salitre, de arume, de xerfa, e de identidade. A arte feita Galicia e Galicia feita palabras. Moitas grazas por espallar Galicia a través das verbas e facelas chegar mesmo a Málaga. Aínda lembro o momento no que caín irremediablemente no feitizo do galego, as primeiras verbas que aprendín, os primeiros pasos vacilantes no corredoiro interminábel da lingua foron cun libro seu. Moitas grazas por todo e continúe a escribir para que soñadoras coma min poidamos vivir unha Galicia lonxe da súa terra rebuldando nos trazos das súas palabras.
Comment por Eva — 25-08-2007 @ 2:35 pm