Onde sempre é bosque, relatos para o veran
Vieiros, a publicación galega que triunfa en Internet, quere deleitarnos durante este veran cunha escolma de relatos orixinais dos nosos mais salientables escritores, a iniciativa leva por nome:Onde sempre é bosque:
Vieiros quere, co apoio das Consellerías de Cultura e Deporte e de Medio Rural, abrir unha devasa de creatividade coas voces das autoras e autores que nos falen do monte como o noso meirande espazo comunal: para a fantasía, para as follas dos libros, para o osíxeno, para os bytes.
Esta semana, a encargada de mostrarnos o seu bosque e a xove escritora, Rosa Aneiros, que nos deleita cun conto chamado: Eva en Coirós:
"A túa pel é a miña pel. A túa suor é a miña. Todas e cada unha das pingas de auga que percorren o teu corpo. O teu sal é o meu sal. As túas trinta e tres vértebras, o meu espiñazo. A luz que che brilla nas meniñas, o meu solpor. Todas e cada unha das bágoas que lamben a túa pel son a miña auga. A miña suor. O meu cuspe. Non hai nada en ti que non me pertenza. Nada en ti que non sexa meu. A túa pel, a túa auga… [segue]
Nas Bibliotecas Municipais podedes atopar as obras publicadas de Rosa Aneiros, que traballa como xornalista no Consello de Cultura Galega en Santiago, e a que tiven a sorte de coñecer no Enblogs. Se che gustou o seu relato, podes ler a columna que publicaba en Cultura Galega.org, Agandando as lagarteiras, e algúns dos seus libros
- Eu de maior quero ser / Rosa Aneiros. — Santiago de Compostela : Sotelo Blanco, D. L. 1999
- Corazóns amolecidos en salitre / Rosa Aneiros Díaz. — Santiago de Compostela : Laiovento, 2002
- Resistencia / Rosa Aneiros. — Vigo : Xerais, 2002
- No país do Nunca Máis : reportaxe / Xurxo Lobato ; [limar Manuel Rivas ; textos de Rosa Aneiros … et al.]. — 3ª ed. — Vigo : Galaxia, 2003
- Veu visitarme o mar / Rosa Aneiros. — 1ª ed.. — Vigo : Xerais, 2004
- O xardín da media lúa : Lendas árabes. — Vigo : Galaxia, D.L. 2004
[Via, Brétemas, de Manolo Bragado]

