Posteado por: Catuxa Seoane en Novas 31-07-2007

Feira do libro de A CoruñaUn ano máis, a Feira do Libro de A Coruña abre as súas portas para que os amantes dos libros e da lectura poidamos deleitarnos coas novidade editoriais e a compañía dos escritores.

De o 1 ao 10 de Agosto, tedes unha morea de actos e actividades para tódalas idades: firmas de escritores, presentacións de libros, obradoiros para os máis pequenos, etc.

Consultade o programa deste ano, que xa vai pola 36ª edición.

 

Cartel da 36 edicion da Feira do Libro de A Coruña 

Fotografía do cartel de esta edición, tomada do blog Interneteando 

Posteado por: Catuxa Seoane en Xeral 30-07-2007

Durante a pasada semana, na rede de blogs das Bibliotecas Municipais de A Coruña, falamos de:

Posteado por: Catuxa Seoane en Xeral 28-07-2007

O que le, le ainda que sexa debaixo do mar, ou en épocas e circunstancias pouco propicias. A lectura, ademáis, axúdanos a evadir as preocupacións e os problemas e viaxar por outros mundos, as veces, máis felices e pacíficos. Para mostra, a seguinte imaxe:

Soldados americanos lendo libros nunhaa biblioteca de la YMCA.

Soldados americanos lendo libros nunhaa biblioteca de la YMCA. Vancouver, 1917. I Guerra Mundial

 [Via, El Documentalista Enredado]

Posteado por: Catuxa Seoane en Xeral 24-07-2007

Durante a pasada semana, na rede de blogs das Bibliotecas Municipais de A Coruña, falamos de:

Posteado por: Catuxa Seoane en Novas, Escritores 18-07-2007

Vieiros, a publicación galega que triunfa en Internet, quere deleitarnos durante este veran cunha escolma de relatos orixinais dos nosos mais salientables escritores, a iniciativa leva por nome:Onde sempre é bosque:

Vieiros quere, co apoio das Consellerías de Cultura e Deporte e de Medio Rural, abrir unha devasa de creatividade coas voces das autoras e autores que nos falen do monte como o noso meirande espazo comunal: para a fantasía, para as follas dos libros, para o osíxeno, para os bytes.

O bosque de Rosa AneirosEsta semana, a encargada de mostrarnos o seu bosque e a xove escritora, Rosa Aneiros, que nos deleita cun conto chamado: Eva en Coirós:

"A túa pel é a miña pel. A túa suor é a miña. Todas e cada unha das pingas de auga que percorren o teu corpo. O teu sal é o meu sal. As túas trinta e tres vértebras, o meu espiñazo. A luz que che brilla nas meniñas, o meu solpor. Todas e cada unha das bágoas que lamben a túa pel son a miña auga. A miña suor. O meu cuspe. Non hai nada en ti que non me pertenza. Nada en ti que non sexa meu. A túa pel, a túa auga… [segue]

Imaxe de Rosa AneirosNas Bibliotecas Municipais podedes atopar as obras publicadas de Rosa Aneiros, que traballa como xornalista no Consello de Cultura Galega en Santiago, e a que tiven a sorte de coñecer no Enblogs. Se che gustou o seu relato, podes ler a columna que publicaba en Cultura Galega.org, Agandando as lagarteiras, e algúns dos seus libros

  • Eu de maior quero ser / Rosa Aneiros. — Santiago de Compostela : Sotelo Blanco, D. L. 1999
  • Corazóns amolecidos en salitre / Rosa Aneiros Díaz. — Santiago de Compostela : Laiovento, 2002
  • Resistencia / Rosa Aneiros. — Vigo : Xerais, 2002
  • No país do Nunca Máis : reportaxe / Xurxo Lobato ; [limar Manuel Rivas ; textos de Rosa Aneiros … et al.]. — 3ª ed. — Vigo : Galaxia, 2003
  • Veu visitarme o mar / Rosa Aneiros. — 1ª ed.. — Vigo : Xerais, 2004
  • O xardín da media lúa : Lendas árabes. — Vigo : Galaxia, D.L. 2004

[Via, Brétemas, de Manolo Bragado]

Posteado por: Catuxa Seoane en Xeral 16-07-2007

Durante a pasada semana, na rede de blogs das Bibliotecas Municipais de A Coruña, falamos de:

Posteado por: Catuxa Seoane en Xeral 13-07-2007

O que va de ano, (Xaneiro - Xullo) as publicacións periódicas (revistas) máis prestadas e lidas nas nosas bibliotecas, son:

  1. Tiempo : de hoy
  2. Integral : vida sana y natural
  3. Personal computer & internet : completa, práctica, actual
  4. Labores del hogar : nº 1 en labores
  5. Quo : el saber actual
  6. Vive : Los mejores años
  7. Muy interesante
  8. Muy saludable
  9. El País Semanal
  10. Yo dona : del siglo XXI
  11. Brico : bricolaje y decoración
  12. National Geographic
  13. El mueble
  14. Sport life
  15. Cuerpomente : bienestar y salud natural

Tiempo   Personal Computer Labores

quo  El pais semanal Yo donna

National Geographic  El mueble  Brico

Moi acorde cos tempos que corren, as temáticas mais demandas son as referidas ao coidado do corpo, nada menos que 5 revistas sobre a vida sana ocupan este ranking de 15!!!

Cuerpo y mente  Integral

Sorprende que revistas tan coñecidas coma Fotogramas ou Viajar non aparezcan nos primeiros postos.

Entérate tamen de:

Posteado por: Catuxa Seoane en A biblioteca recomenda 10-07-2007

Dende as Bibliotecas Municipais de A Coruña, Cristina Ameijeiras invítanos a conversar con 7 grandes profesionais de diferentes ámbitos e adentrarnos nos seus pensamentos nunha época da súa vida preto da xubilación, 7 historias contadas e hiladas polas preguntas da xornalista Elena Pita en:

PITA, Elena: El bello oficio de hacerse viejo. Siete seductores con la vida a cuestas: Iñaki Gabilondo, Lluis Llach, Juan Diego, Albert Boadella, José Bono, Víctor Ullate, Adolfo Domínguez. Madrid: Aguilar, 2007.

Portada de El bello oficio de hacerse viejo

.
La periodista Elena Pita realiza siete estupendas entrevistas a siete hombres cercanos a la edad de jubilación que repasan su trayectoria profesional y vital y nos ofrecen su visión del éxito, que es, fundamentalmente, cuestión de intentar trabajar bien y con responsabilidad a lo largo del tiempo. Generalmente sin miedo a la propia muerte, valorando la familia y los amigos, se enfrentan a esta etapa de su vida con sus bagages y previsiones de futuro y comparten con los lectores su visión de la sociedad y la política españolas, sus aficiones -la lectura, sobre todo-, sus preocupaciones. La autora destaca la ternura de Gabilondo; la genialidad y el genio de Boadella; de Llach su clarividencia y su poética, de Juan Diego su capacidad de amar y su tremenda generosidad; de Bono su sentido de la justicia, de Víctor Ullate su capacidad de esfuerzo y de Adolfo Domínguez su inteligencia.

Se che picou a curiosidade, a editorial ten dispoñible para a sua descarga as primeiras páxinas do libro (pdf) e podes leer parte da entrevista de Iñaki Gabilondo.

Posteado por: Catuxa Seoane en Xeral 09-07-2007

Durante a pasada semana, na rede de blogs das Bibliotecas Municipais de A Coruña, falamos de:

Posteado por: Catuxa Seoane en Novas 05-07-2007

Interesante o no, lo cierto es que acaba de vender por 28.4000 euros una carta que el poeta Federico García Lorca escribió de su puño y letra al crítico literario Melchor Fernández Almagro, en la que además de su pasión por la poesía, comenta aspectos de su amistad con el artista Salvador Dalí, con quien mantuvo una intensa amistad:

"Quiero ser un poeta por los cuatro costados, amanecido de poesía y muerto de poesía. Una alta conciencia de mi obra futura se apodera de mí y un sentimiento casi dramático de mi personalidad me embarga"

 Carta de Lorca a Fernández Almagro

En la subasta, celebrada por Christie’s de Londres, se vendieron otros interesantes objetos, muchos en su mayoría de importantes literatos y artistas de los últimos tiempos: 

Hay un manuscrito de Alexander Pushkin, el segundo que sale a remate en treinta años; una carta de Isaac Newton en la que compara su visión de la gravedad y el universo con las de Plutarco, Aristóteles y Platón; así como correspondencia firmada por artistas de la talla de Monet, Matisse, Gauguin, Renoir, Munch, Magritte y Paul Klee.

 [Vía, El Bibliómano]